Páxinas

21 de nov. de 2016

Acceso ás cocheiras do tranvía de mulas

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

E despois dunha fin de semana tan 'noventeiro', que mellor ca un superclásico para nos comezar a semana?

O noso protagonista de hoxe non gozou do carisma dos hoteis Atlantic ou Palace, non foi o Castelo de San Diego nin a igrexa dos PP. Xesuítas, porén aposto que os máis de vós sabedes onde se atopaba este fermoso predio que servía como depósito para a frota do transporte público urbano de comezos do século XX.

Por se aínda queda alguén que non o soubera (comentarámolo aquí hai poucos días), que se entere que antes da Delegación de Facenda e do Centro de Saúde San Xosé, no paseo marítimo, a cabalo entre Riazor e Orzán, se erguía esta construción que poderiamos cualificar como "industrial", aínda que hoxe ben podería elegantemente prestar calquera outro tipo de servizo.

Como moitas outras veces, por desgraza, unha mágoa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario